
Dende o 13 de marzo ao 4 de abril a Asociación Cultural “Papaventos” bríndanos a oportunidade de desfrutar da VI Mostra de Teatro Amador de Vedra, TEATROFILIA. O maior referente de teatro do noso Concello que cada ano conta con máis seguidores e seguidoras.
* Haberá funcións teatrais tódolos venres (ás 21.15 h), sábados (ás 21.15 h) e domingos (ás 19.15 h) de entre o 13 de marzo e o 5 de abril. A función infantil será o 29 de marzo ás 16.00 h: coas actuacións de distintos grupos de teatro infantís da comarca. Para información detallada sobre as actuacións, pincha sobre a imaxe da esquerda para ver o cartel en maior tamaño.
Nesta edición como xa se está a facer costume participarán grupos amadores de grande nivel e tamén se contará cunha actuación profesional correrá a cargo dos “QUINQUILLÁNS” coa súa obra “O Mago de Oz”
As entradas terán un custe de 2 € e tamén haberá a posibilidade de quitar bonos para tódalas actuacións por 5 €.
... Non vos perdades a oportunidade de desfrutar ben pretiño do teatro. Teatrofilia 2009 ven cargada de emocións, sorpresas ...


















0 cóntame algo:
Postar um comentário